domingo, 21 de marzo de 2010

O cabalo branco

Tiña pensado comentar algo sobre as iniciativas dos hosteleiros de Cedeira para unirse e mirar de facer algo polo turismo na zona, e que irremediablemente pasa por pensar na Capelada por moito que algúns reneguen dela, pero vai esperar uns días.

Terá que esperar porque atopei algo moi interesante e que estou desexando amosarvos:

Foi gracias a Silvia –nacida en Meizoso, pero, coma min, anda por fora debido aos estudios (e tampouco ela tirou polo fácil...)- que me pasou un enlace dun documental que trata do abandono das aldeas en Galicia (do que xa falaremos); e buscando pola páxina que aloxa ese documental ( http://flocos.tv/ ) atopei outro que nos toca igual de cerca:

“A Rapa das bestas”, un documental filmado en 8mm no 1974 polo ferrolán Salvador Ríos. Debía ser o primeiro ano que se facía a rapa que hoxe conocemos.


Aproveitando que estaba na casa con meus pais vimolo xuntos, e enseguida empezaron a recoñecer todo e recordar tempos xa pasados.




Foi especialmente emotivo para meu pai, xa que aos 2 minutos e 22 segundos de documental aparece un cabalo branco en pantalla, e ao momento o reconoceu: era o seu cabalo.

Moito teño oído falar dese cabalo, era fillo dunha besta da casa que nacera o mesmo ano que el, pareuno estando no monte, e foi meu pai, sendo un rapaz, o que os foi buscar á Pescadoira (punta Robaliceira nalgúns mapas) para traelo para a casa e domalo. Foi el o primeiro que o montou, e despois ese cabalo foi usado durante anos para traballar collendo bois no monte.

A min tamén me fixo ilusión ver ese cabalo do que tantas veces oíra falar aos da miña familia e máis a alguns veciños recordando o bon que era, aínda o recordaran hai so unha semana nunha cena da asociación de cabaleiros A Crina. Neste documental aparece montado por un amigo da familia que disfrutaba paseando nel ás veces.

Pero saen moitos veciños da Capelada, podemos ver rapando a Pepe Meixido, Antón de Vilar (xa falecidos) a Claudio (que durante anos organizaría moitas rapas), a algún de San Andrés bailando, e xente de Mera, San Adrián, Santalla,... ata os gaiteiros de Freixeiro (Narón) son coñecidos.

A calidade de imaxe e son acusa o paso dos anos, pero o valor documental é impresionante, vese o que cambiamos, ou quizais que tampouco cambiamos tanto.

Espero que o disfrutedes.

Nota: se alguén ten dicultades para reproducir aquí o video pode velo na súa páxina orixinal premendo aquí

9 comentarios:

  1. es un lujo poder contar con estas imagenes, de tiempos pasados, que hacen recordar aquellos años, cuando aun las cosas no son como ahora. Ver a tanta gente disfrutando lo mismo que ahora, ver personas que ahora ya no estan, o ver como han cambiado las cosas desde esa epoca hasta hora, y ver los primeros pasos de una tradición ya consolidad.

    ResponderEliminar
  2. Como ya te dije antes el título de la entrada debería ser: "El caballo blanco de Santiago", a lo que tú replicaste muy acertadamente: "El caballo blanco de Andrés".

    La verdad que da gusto encontrar documentos donde aparece uno, y así recordar, que nos hacemos mayores Sr. Tojeiro, jejejeje.

    ResponderEliminar
  3. Boas! Acabo de ver o documental, que bonito que vos despertara recordos, lembranzas e que o disfrutárades, seguro que teu pai moitísimo máis... a ver se me puidera facer dalgunha maneira cunha copia pa ensinarllo a meus abuelos e a todo aquel que o queira ver por alá enriba...eu a verdá so me pareceu recoñecer a Pepe de Meixido e na secuencia final o que sae bailando amitoume o Viaxante... Saudos!! Por certo ó mellor xa o viche pero dentro de Flocos un documental que me gustou moito foi "O carro e o home"

    ResponderEliminar
  4. !Hola a todos!
    Gracias por pasar por aquí e por comentar.
    Angel, cierto es, nos hacemos mayores, realmente ya hace tiempo que lo somos aunque nos neguemos a reconocerlo...y aparentarlo, jejejeje.
    Silvia: si, Pepe sae rapando con boina e chaqueta gris, e tamén acertas co "bailarín". Eu non reconocia a naide (case nin o sitio) ata que empezaron a orientarme.
    Pra enseñarllo a teus avós non hai problema.
    O documental do carro vin que existia pero non tuven tempo a velo, é todo un filón esa páxina, cando a mirei hai moito tempo tiña moitas menos cousas, vese que fixeron un bo traballo.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Impresionante Juan! O mundo é un pañuelo, quen che ía dicir a ti o que atopaste!! Alégrome un montón, encantoume esta historia!

    ResponderEliminar
  6. Sí certamente moi bos recordos...de cando a
    Capelada non tiña andarabillas e aínda un mundo limpo parecía posible...a reportaxe moi interesante. O feito de sere en galego e do ano 74, Franco vivo, algo informa do autor. O de non dar nengunha imaxe do "xantar das autoridades" fala da vontade de facer non un documento periodístico, senon un exercicio de documentalismo voluntarista.Paréceme.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. Hola Rafael:

    Non sei que sería do Sr. Ríos, pero habería que mirar de sabelo.

    Segundo se pode ver na hemeroteca do ABC, no diario do martes 26 de novembro de 1974, sobre o "Fallo del certamen de cine aficionado de cuenca" di (transcribo textualmente): "trofeo del ministro de Información y Turismo al mejor documental sobre cualquier región española a "A rapa das bestas", de Salvador Ríos González de El Ferrol del Caudillo (La Coruña)"

    Saúdos

    ResponderEliminar
  8. E o mellor tamén ten máis documentais, sobre a bisbarra. Neste vese o traballo de montaxe, moi coidado, e a vontade de facer un documento digno e válido ( que a min paréceme que o é). Moi interesante este video, o meu agradecemento por subilo.

    ResponderEliminar