lunes, 19 de abril de 2010

Reflexións turísticas

Centos de fotos se fan aquí cada día


Hai anos que teño unhas cantas dubídas sobre o turismo na nosa zona, moito teño conversado sobre o tema. Algo teño apuntado xa por aquí. E seguirei dándolle voltas.

Non estou contra o turismo, nin moito menos, pero sí que penso que hai maneiras e maneiras de enfocalo, e a que temos agora non é das mellores, nin con moito.

Cedeira recibeu este ano unha distinción de concello turístico, e na propia distinción se enumeraban os seus méritos para merecela: estaban citados expresamentre a rapa das bestas, a Serra da Capelada co seu gado en liberdade e, como non, San Andrés de Teixido. Estou convencido que se non fora por isto, a vila de Cedeira sería un pobo costeiro máis de Galicia, con boas festas ou boa praia (por tempadas...) pero sen ese plus que a diferencia claramente doutras tamén acolledoras para os visitantes. Queda claro que a mina do turismo de Cedeira (e tamén de Cariño) está na Capelada.

Non imaxino a un coruñes falando mal da Torre de Hércules, pero en Cedeira (e tamén en Cariño) escoitanse continuos desprecios á Capelada, quero pensar que por ignorancia, pero é así. Un exemplo disto e da pouca visión comercial de moitos hosteleiros: entre os gandeiros fanse tremendos esforzos todos os anos para facer a rapa das bestas, do que os gandeiros non sacan beneficio ningún máis que traballo, os que sacan beneficio son os hosteleiros, e cando se lles vai pedir que colaboren nunca falta o que se nega porque iso non vai con el, que é cousa dos “aldeanos” da Capelada. Hai que recordarlles os minutos de televisión e páxinas de prensa que nos adican a nivel nacional e internacional que é publicidade que aforramos de pagar. A Rapa das Bestas é algo moi rentable turísticamente que tampouco se apoia e enfoca como se debe.

Non hai moito que alguén empezou a enredar a colectivos de Cedeira vencellados co turismo para asociarse e mirar de avanzar algo nesa industria. Tuven ocasión de falar con xente implicada, teñen boas ideas e ganas de impulsar isto. Espero que conten co apoio suficiente para facer algo xeitoso. Salvo honrosas excepcións a hostelería por aquí non é traballada por profesionais e o trato recibido en moito sitios deixa moito que desexar (non é raro ver camareiros cun pitillo na boca, limpeza de locais deficiente, etc, etc...).

A maioría dos destinos turísticos promociónanse para recibir visitantes, aquí, aínda que o fan, non é tan necesario. De feito ven máis xente da que podemos atender. De pouco nos vale que veñan 30.000 ou 50.000, o resultado é o mesmo: non deixan un euro, porque non teñen donde.

Hai que ver como se xestiona esta riqueza turística da Capelada para que a riqueza quede aquí, e cando digo aquí digo A Capelada, non nas vilas, que tamén.

A garita en Semana santa

A forma de visitar A Capelada hoxe é a peor de todas: xente no seu coche/moto/quad particular, facendo a típica ruta de Cedeira (onde con sorte tomo algo)-San Andrés (compro quincallada e saco foto)-Garita de herbeira(foto)-Cabo Ortegal(según o tempo). Así nun día de verán miles de coches circulan por unha paraxe natural con animales en liberdade (é urxente abordar o tema da seguridade e regulación do tráfico en toda a Capelada) e que como moito deixan 3 ou 4 euros nun bar e na quincallada de San Andrés (outra guerra...). Había que procurar facer ese recorrido, e outros tanto ou máis interesantes, coa xente agrupada, acompañada de guías, recibindo as explicacións pertinentes, consumindo en establecementos ciudados e que , por suposto, pagaran por ese servizo.

Hai moitos sitios que merecen unha visita pola súa flora ou fauna, que son de propiedade privada, e parte de eses beneficios deberían ser para o propietario, que así se preocuparía de conservalo. Como anécdota podo contar que é bastante frecuente que a xente me pida axuda para ver os teixós (Meles meles) , por suposto nunca cobrei, pero sí que o teño feito en varias ocasións para amigos e xente de fíar. Ou como cando publicaron na prensa que había voutres na Capelada, que veu moita xente na súa busca. Facendo ben as cousas (nisto teño moitas reservas) poderían ser un atractivo turístico como outro calquera.

A paisaxe da Capelada tampouco sería a mesma sen o gado libre. Claramente un gran atractivo para a xente de cidade que nos visita, que paran a facerlle fotos ás vacas e cabalos (que eles pensan salvaxes). Xa hai publicacións de insignes catedráticos que tasan en euros estes valores, que en teoría deberían recibir os gandeiros pola súa aportación á paisaxe. Sin chegar a isto, cando menos, os que se lucren disto, que son a hostelería e empresas adicadas ao turismo deberían facer un esforzo por comprar os productos da nosa zona polo seu valor real para venderllos aos turistas. Axudando así a afianzar a gandeiría e pouco a pouco evitar o abandono total do rural.

Hai que mirar de facer unha explotación turísitica sensata, que deixe beneficios na serra, que cree postos de traballo de calidade, e que dea valor ao que xa temos. Que axude a fixar poboación na Capelada, e co tempo repoboala, que estes beneficios turísticos redunden nun bo uso das terras e dos montes, porque non todos podemos ou queremos ser camareiros ou guías turísticos. Alguén ten que traballar no campo, crías vacas e bestas, para que a paisaxe a fauna e a flora siga sendo digna de recibir tantos visitantes.

Agora que parece que hai un pequeno impulso da iniciativa privada, deberíamos reunirnos todas as partes implicadas (negocios, veciños, gandeiros, políticos, etc...) e ver que se pode facer. Apoiar non significa deixar facer o que a cada un se lle ocurra, apoiar é razoalo entre todos, ver o que nos beneficia e o que non, que servicios ten que prestar a iniciativa privada e cales as administracións públicas.

Perdón pola extensión, e polo desorde desta serie de reflexións sobre o asunto. Seguro que aínda me quedan cousas para máis adiante.

4 comentarios:

  1. Moi interesante todo o que comentas Juanma. Como algúns son máis cuadriculados que outros, eu quedome co dos teixugos..debe ser máis doado velos ahi. Tomo nota para un posible viaxe ao norte.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. de acuerdo contigo, pero, entonces no sería Galicia, con su desorden, sus galpones, sus chambonadas, sus paredes sin enlucir, sus hórreos - canasta, entrañable, la imposiblidad de enlazar dos trayectos en autobús.
    Pero que bien que se está en Galicia. Lo mejor con el turismo, prohibirlo.

    ResponderEliminar
  3. AMEN.
    Poco que añadir, alabar la claridad de ideas en esta exposición y otras del tipo. Así como el respeto y cariño con los que tratas otros asuntos. Tus reflexiones u opiniones bajo mi punto de vista son, buenas o muy buenas, claro que para opinar y lanzar un mensaje solvente se precisa conocer el asunto a tratar y tu lo demuestras a la perfección. Dicen que ,” Dios da pan a quien no tiene dientes”, sin ser un profundo conocedor de la política municipal (políticos) me temo que a todos los que hasta ahora han pasado por responsabilidades del tipo La Capelada ( y por añadidura todo el entorno periférico de la villa) le queda demasiado grande, no por no haber conseguido avances en diversos temas que en tus comentarios apuntas muy acertadamente, sino por sin tan siquiera haberlo intentado ( quizás por complejo, miedo o lo mas grave por incompetencia ) . Efectivamente hay cosas irrecuperables (cambio en el modo de vida , etc….) , pero hay otras que deberían de considerarse en profundidad debido a su gran y variado potencial.
    No quiero estirarme mas , nunca me había decido a enviarte ningún comentario ( a pesar de visitar tu blog de vez en cuando), y una vez que me pongo no tengo fin, así que me autolimito, no sin antes pedirte disculpas a ti y a todos por no realizar este comentario en gallego, pero si mi redacción no es excelente en castellano , ni imaginar la que puedo liar en gallego.

    Mucho animo y como le dicen al (creo, no entiendo mucho) Liverpool, Nunca caminaras solo.

    Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Hola a todos:
    Gracias por vuestros comentarios.

    Rubén, no garantizo que veamos nada, pero por intentarlo que no sea...ya sabes.

    M: tienes toda la razón en lo de los itinerarios de autobuses. No hay un solo transporte público que te pueda traer a nuestra Capelada.

    J Luis: ahora que ya has roto el hielo al comentar por primera vez espero que lo hagas con frecuencia, y puedes extenderte todo lo que necesites, faltaría más. Por el idioma en el que escribas no hay nada que disculpar, lo importante es que nos entendamos. Muchas gracias por tus halagos, intento hacerlo lo mejor posible.
    Sobre la política municipal tampoco soy ningún experto en ella, aunque algo conozco. En lo relativo al sector primario tiraron por lo más fácil: la madera de los montes municipales la gestiona la Xunta según unos criterios heredados de los años 40-50 y que no aportan ningún beneficio directo en a Capelada y muy pocos en las arcas municipales. En los montes vecinales los beneficios tampoco revierten en la sierra. Y en el ganado ya lo comenté más veces, bastante regular. Las causas: principalmente lo impopular que resulta entre los vecinos urbanos invertir tiempo y recursos en A Capelada, y como los políticos acaban convirtiéndose en cautivos de sus votos, siempre primará más la opinión de 200 votantes de una sola calle urbana que los de 30 vecinos repartidos en 6 aldeas, que muchos políticos desearían que desaparecieran y así dejar de prestarles servicios. Pero eso al final sale más caro (y no me lo invento yo), aunque no lo quieran ver.
    Como ves yo también tengo facilidad para extenderme, jejeje.

    Gracias por los ánimos y por la compañía en el caminar.

    Saludos

    ResponderEliminar