viernes, 13 de noviembre de 2009

A conversa dos eucaliptos

Fraga de Nebril, das poucas que quedan.


De hai un tempo para aquí por razóns académicas e laborais estou tratando moito con xente de cidade, grupo ao que irremediablemente pertenzo por ser nado e críado en Ferrol. Isto lévame a ter unhas conversacións recurrentes cando se enteran de que teño no rural algo máis que unha casa para ir de botellón.


·
Non deixan de extrañarse de que un rapaz (no telexornal dixeron "un rapaz de 38 anos", así que teño marxe, jejeje) que supoñían de cidade non renegue nin se avergonce -como farían ou fixeron a maioría deles- das vacas da familia, ás que lles debo parte do meu nivel de vida .


·
Unha destas conversas recurrentes (unhas 3 por semana), é o tema dos eucaliptos, e como normalmente me dan a charla sen deixarme falar desafogo aquí:


·
O interlocutor soe ser de cidade, cunha posición económica boa, sin vencellos no rural, adepto á moda “ecoloxista” (onde vai o verdadeiro ecoloxismo...), que cando se entera de que teño algún eucalipto xa me converte nun ogro ao que hai que traer ao bo camiño.


·
Por suposto pode opinar o que lle pareza, pero para darlle valor a esa opinión debería formarse e informarse antes de falar: non é o mesmo autoetiquetarse de ecoloxista que saber de ecoloxía, zooloxía, botánica, edafoloxía, etc, etc...


·
Na conversa soen sair uns puntos comúns:


·
-O primeiro erro que comenten é confundir bosque con plantación forestal, cando din que hai que arrancar os eucaliptos e plantar castaños (por exemplo) están pensando en ter unha fraga, pero unha plantación forestal de castaños (ou de carballos) tampouco é unha fraga.
-“Hai que arrancar os eucaliptos porque son de fora”: e as patacas, e o maínzo, e as vacas holstein, e os pimentos de Padrón... non é razón.
-“Debaixo dos eucaliptos no se dá nada”: vese que andan pouco polo monte.
- “Os eucaliptos e os incendios van unidos”: sí , arden fácil, pero non arde máis onde hai máis eucaliptos, os problemas son outros.
-“Si total os eucaliptos non dan cartos”: o rendemento do eucalipto é supeiror a 2000 € /Ha e ano, dando moi pouco traballo, o seguinte en comodidade para o productor sería o gando en extensivo, cunha rendibilidade moito inferior á metade.

Castaño plantado por meus pais
·
E agora digo o que penso eu:


·
Empezo confesando que temos eucaliptos, e digo confeso, porque parece que fora un pecado, como a inmensa maioría da xente da comarca que ten algunha parcela no monte.


·
Non me gusta o monocultivo , nin de eucalipto nin de nada. A celulosa é hoxe un producto industrial imprescindible, e polo tanto hai que plantalos, hai que regular donde e como se poden plantar.


·
Considero que os eucaliptos distan moito de ser unha riqueza. Son unha alternativa máis para os montes, que non hai que demonizar, pero que está sobrevalorada polos propietarios dada a comodidade, e porque é o que fan todos.


·
Promoveuse mediante subvencións o abandono de ricas terras agrarias para plantar eucaliptos, porque ao mesmo tempo se subvencionaba (e encerto modo se sigue facendo) o abandono do campo, gracias a políticos que tiñen/teñen a mesma mentalidade que aquel rapaz da aldea que emigra á cidade e agradece os paquetes coa comida da casa, pero cando prospera se avergonza da familia cando o vai visitar . Nuevos ricos, tamén chamados “pollos resucitaos”.


·
Esas fértiles terras adicadas a cultivo de horta, forraxeiro, gandeiro, frutais, etc, etc...serían máis rentables que eses 2.000 €/ha, e ademáis impedirían que o campo quedase abandonado, e sería unha riqueza medioambiental e económica moito máis repartida e que crearía un verdadeiro tecido de vida rural con empresas e traballadores vivindo diso. Porque dunha vaca vive moita máis xente que dun eucalipto. Por tanto, socialmente, o eucalipto é unha pobreza.



Os meus pais e avós decidiron no seu día plantar eucaliptos, neses montes eu posiblemente o faga o mesmo se teño que decidilo, pero tamén decidiron conservar fragas que son auténticas xoias, podedes ver no blog do amigo Rafael a súa entrada sobre as selvas da Macaronesia da Capelada, pois unha pequena parte desas maravillas é propiedade da miña familia. Tamén temos pequenos bosques de abeleiras na beira de regatos, meu pai leva plantado algúns ferrados de castaños para produccion de castañas (que comen os porcos bravos), compramos algún eucaliptal que estamos volvendo fraga, etc, etc...
En total non é moito pero suman algunhas hectáreas das que non sacamos rendemento económico, e a 2.000 €/ha e ano estamos renunciando a máis dun millón das antigas pesetas cada ano, e vos aseguro que nos fan falta como a calquera.


·
Por iso lles digo a todos estes que renuncien a parte do seu patrimonio, ás vacacions exóticas ou ao coche último modelo para comprar fragas, que están moi moi baratas, e así predicar co exemplo. Normalmente neste punto acaba a conversa ou empezan as acusacións de demagogo e demáis.
Pero alguén que non se xoga nada non creo que deba darlle leccións a outro, desde unha suposta superioridade moral, sobre o que debe facer co seu medio de vida.




Pode que algúns dos lectores me tiveran encuadrado no grupo dos "supostos ecoloxistas antieucaliptosporquesí" e non esperaran de min a primeira parte desta entrada, aínda que creo que coa segunda estarán máis dacordo, e mesmo lles estea dando pistas aos criticados sobre por onde deben tirar os seus razonamentos para convencerme de algo do que xa estaba convencido antes que eles.
Estimado lector, gracias pola túa paciencia, gustaríame que deixaras o teu parecer nun comentario.

7 comentarios:

  1. Razonadas e razonables opinións relativas a un dos temas mais carregado de tópicos e visceralidade. Xa lle tiña oído a Eloi Villada, un dos técnicos mais favorables ó silvopastoreo, opinar positivamente das plantacións de eucaliptos desa bisbarra, onde a incidencia dos incendios florestales é unha das mais baixas de Galicia, a pesar da sua combustibilidade.Parabens por este interesante blogue.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Gracias pdc polo teu comentario.
    Todo un descubrimento o teu blog, que non conocía. Vexo que temos temáticas parecidas.
    Non pretendo defender os eucaliptos, aínda que tampouco me doe recoñecer o seu lado bon, igual que hai moitos aspectos criticables do seu cultivo, e ambos hai que coñecelos antes de crear unha opinión sin deixarse levar polos tópicos, se despois diso non coincidimos seguro que podemos ter conversas animadas nas todos aportemos puntos de vista interesantes.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Boas Juanma:
    ¡ Xa vexo que che quentaron á cabeza os urbanitas! Tema complicado que da para moito falar.
    Eu estou dacordo nestes puntos positivos do eucolito: a) non é un contaminante ( non é chapapote, vaia) b) deu moitos cartiños a xente da nación que máis falla lles facía e que nunca veran un peso na mao: os campesiños c)aos mesmos poucos que quedan explotados por comisionistas e especuladores que obteñen beneficios do 300 por cen ( supermercados e almacenistas) d) se nos obrigan a abandoar o traballo na terra ¿ qué se ha de facer cos tarreos?: plantalos de madeira. Veño de recorrer toda Galizia: nunca tanta madeira se veu plantada no monte: alcolitos e piñeiros, pero o fraguío tamén aumenta. Se cada eucolito da bisbarra vale, máis que sexa 10 euros, ¿ cantos millós de euros hai agora no monte medrando sen traballo?

    Pero o euclito ten problemas medioambientais moi claros: a) na bisbarra trocouse nun monocultivo quer inzou, fraguíos, bosques de ribeira e ouzais b)coa consiguiente perda tráxica de biodiversidade. A expresión no eucolital non medra nada é esaxerada, pero certamente o eucolital é moi pobre. c) Non existe un regulamento efectivo de control das plantaciós, anda deixado ao albur do liberalismo economicista máis brutal e así pasa o que pasa: fragas esbandalladas, ( ¡esas do Eume¡), bosques de ribeira comidos polos eucolitos que se meten no dominio público c) nengún control das cortas, que con frecuencia esbandalan á pouca vexetación autóctona que queda.

    A min paréceme que se os bosques de alcolitos do Noroeste non arden é ta só porque nesta terra chove sempre e temos o grado de humidade permanente máis alto de toda Galizia ( que non é dicir pouco). Nos anos de grandes secas arderon coma en calquera outro sitio.

    En resumen se fosemos intelixentes ( sapiens, vaia) atopariamos a maneira de poder conciliar o prudente e necesario beneficio coa defensa e conservación da extraordinaria riqueza en biodiversidade da nosa bisbarra: atoparíamos así uhna outra fonte de beneficios: o turismo ecolóxico, que está a ser un dos niños sobranceiros de medra do negocio turístico.

    Xa digo, da para moito falar. Polo miudo e atentamente. Tan só estes apuntes, apresurados, para contribuir ao debate.

    ResponderEliminar
  4. Na primeira frase resumiche toda a "filosofía" desta entrada, jejeje.
    A min me encanta falar e discutir (no bo sentido da palabra) dun tema no que teña algo de coñecemento con xente, que a poder ser teña máis ca min para poder aprender algo.
    O que non soporto é a xente que sen saber de algo ou sen saber cánto que sabes ti (vaia trabalinguas, jeje) á mínima ocasión tratan de darche leccións, como neste caso, nun tema tan complicado e tantos problemas, pero no que eles/elas non se xogan nada. E como xa dixen antes, non é un caso aillado, senón que ven sendo recurrente.
    No teu escrito resumes o meu pensamento pero ben explicado.
    A xente que os plantou non é delincuente, fixo aquilo ao que practicamente se veu forzada, era iso ou o abandono total, e o problema é que moitos destes pensan que o abandono total é boa cousa.
    Socialmente, como xa dixen, considero que son unha pobreza, pero non hai que negar que son un complemento imprescindible para as míseras pagas da agraria dos nosos vellos. O ideal sería que esas terras estiveran traballadas e xestionadas por xente nova que seguira no campo, e que mirara dos seus maiores como se fixo sempre, pero a xente foise do campo buscando outras cousas, néganse a volver, e os eucaliptos, para estes casos son unha comodidade.

    Ufff, penso que me deixei moitas cousas no tinteiro, quizais aínda dea para outra entrada.

    Un saúdo a todos

    ResponderEliminar
  5. Interesante tema o do eucalipto, moi ben tratado na entrada e con comentarios moi interesantes. Sendo pouco coñecedor do tema teñoo sacado a colación con xente máis formada tipo enxeñeiros forestais e botánicos e as opinións son moi diversas.
    Dende logo a min visualemtne non me gusta nada ver certas zonas plagadas de eucaliptos en ringleiras (moi común no voso lar e na provincia da Crouña) pq non o considero moi propio da nosa terra. Se ben considero q a nosa biodiversidade é unha das nosas maiores riquezas tampouco apoio os que optan pola vía de arrincar todo de raiz (e nunca mellor dito). o eucaalipto xerou e xera moita riqueza e é un tema a estudar en profunidade pero sen caer no banal.
    Noraboa pola entrada e o tratamento do tema, moi interesante para xente coma min que descoñece certas cousas e é urbanita de nacemento, jeje.

    ResponderEliminar
  6. O problema de falar destas cousas, é que é moi dificil separar os criterios simplemente técnicos ou científicos doutros que non o son tanto.
    Pero un licenciado e un "case" licenciado en Veterinaria coma ti e coma min deberíamos tirar máis polo lado gandeiro que polo forestal...jejeje
    Eu tamén son urbanita de nacemento, que lle imos facer ¿que tal foi cos venados de Mondoñedo?

    ResponderEliminar
  7. Pois sí, tes razón. Igual deberíamos reorientarnos pero para falar diso xa temos dabondo. jeje.
    Uf, o dos venados de Mondoñedo foi un desastre. Con iso cho digo todo, non vou entrar en detalles pq creo que non lles fai moita graza que se sepa. Xa o podes imaxinar...

    ResponderEliminar