viernes, 25 de mayo de 2007

Sorpresas



Estamos na primavera, e na Capelada, aínda que chega máis tarde pola altitude tamén deixa ver os seus efectos, así nos pastos as vacas e as bestas poden aproveitarse dunha herba fresca e vizosa. Tamén empezan a verse gran cantidade de flores por todo o monte. Algunhas témolas case en exclusiva, como a Centaurea borjae que podedes ver na foto da presentación deste blog, e hai outras que por máis frecuentes non son menos bonitas e admirables.

Hoxe amósovos a foto dunha orquídea (xénero Dactylorhyza), sí, é unha orquídea, como vedes non temos que viaxar a unha selva tropical nin gastar uns euros nunha floristería para admiralas, abonda con dar un paseo detidamente polo noso monte. Esta en concreto é fácil de ver nestas datas nas proximidades da Garita de Herbeira, xunto con outras xoias botánicas, pero lembrade que non se poden coller, podense ver, retratar ou ulir, pero hai que deixalas alí para que ó seguinte ano podamos volver a disfrutalas.

Temos unha terra maravillosa, e aínda nos falta moito por coñecer que de seguro nos seguira a asombrar.

2 comentarios:

  1. Si, todo un paraíso, digno de ver e visitar tantas veces como un poida.
    Gracias Juan por esa lavor de embaixador civernético.

    ResponderEliminar
  2. Ohhhhhh pero qué bonita é esa pranta!
    Me parece que me vou pasar por ahí axiña por ver se atopo algunha, teño moita curiosidade de saber como hule.
    A Capelada sempre sorprendendo ^_^

    ResponderEliminar