viernes, 15 de marzo de 2013

Tan cerca e tan lonxe



Esa  viaxe pendente, ese sitio ao que nunca chega  chega o momento de ir…¿quen non o ten? Nova Zelanda e as illas do norte siguen estando na miña lista lista particular, pero de primeiros están lugares cercanos, na xeografía e no sentimento. Porque eses sitios dos que escoitas falar cando eres  un neno, que non ten moi claras as dimensións do mundo,  quedan na cabeza como algo lonxano, mesmo fantástico. Pasan os anos, medras, e pensas que deberías de ir conocelos por ti mesmo,  ao tempo que aparece o medo, medo a estropear esa ensoñación que hai na túa cabeza ao enfrentala coa realidade ¿e se non era para tanto? E hai que decidir, quedar co lugar creado no teu maxín escoitando aventuras de pais que foron nenos que iban ao lindeiro, ou poñer os pés nel e revivilas in situ. A decisión está tomada, hai tempo, quero conocelos todos. 

A gabeira desde dentro da cabana

Pola parte materna teño A Fraga dos Casás, aquela despensa da parroquia nos anos difíciles, pero falaremos dela noutra ocasión. Pola parte de meu pai os cantís da Capelada, que hoxe parecen abandonados, pero que sempre tuveron moita actividade e rebulir de xente. En todos estes anos nunca baixara por eles, vexoos desde arriba case a diario, e alguna vez teño estado aos seus pés en barco, pero andando por eles nunca.  Ata hai uns días, algo imprevista, apareceu a ocasión e aproveiteina. 

O Baiogal , unha parte dos cantís, de Teixidelo hacia o mar, entre a Garita de Herbeira e San Andrés de Teixido, son fincas particulares que foron aproveitadas de sempre para a gandeiría. Actividade que aínda se conserva, e fun acompañando a un dos donos destes terreos a baixar dúas bestas para que pazan alí ata o seguinte inverno. O camiño, sendo peado, é azoso, pois aproveitamos en prácticamente todo o recorrido a pista que se fixo para sacar a terra o restos do Bonnie Carrier, un barco cementeiro que embarrancou nese tramo de costa no 1986 cando xa iba camiño do desguace. 

Restos do barco
Polo camiño foronme recordando os nomes dos sitios que tantas veces escoitara na casa, A Cortiña dos Remos, Salto de Gato, Supichel, o Fungadoiro e moitos máis que merecen unha atención aparte, con esa microtoponimia, que se está perder pola despoboación e polo cambio dos usos, pasa algo destacable porque moitos destes sitios teñen dous nomes: o que lle dan os veciños do lugar, e o que lle da a xente do mar, percebeiros e mariñeiros en xeral que van sustituindo aos dos primeiros simplemente porque cada vez quedan menos veciños, e menos aínda que estean en condicións de baixar ata alí. Ambas denominacións son dignas de ser recollidas e reseñadas, pois moitas veces desvelan partes da nosa historia.



É ben sabido que estes cantís esconden moitas sorpresas, de fauna e flora xa imos falando de vez en cando, e tamén se conoce a riqueza xeolóxica da zona, mais algo que pouca xente sabe é que nestes cantís houbo explotacións mineiras, desde antigo e ata hai ben pouco. Gracias a estas actividades mineiras hai citados minerais que foron atopados e descritos aquí por primeira vez: Morenosita e Zaratita, minerais de níquel, que foron descubertos por Antonio Casares a mediados do século XIX no que nas reseñas chaman Mina Manolita, en Teixidelo. Sobre estas actividades mineiras pouca información se pode obter de internet, é de suponer que existen desde moi antigo, como noutros puntos da nosa costa, e da época máis recenté aínda podemos recurrir á memoria dos vecinos de máis idade, así sabemos que a mediados do século XX estaba activa, sendo o encargado das actividades mineiras Eliseo Rama Cotelo, que veu da zona de Carballo para ocupar dito posto, e afincouse aquí, habendo hoxe descendencia súa na zona. A extracción consistía en ir cavando nas paredes dos cantís en varios puntos de modo que se iban facendo túneles, o mineral obtido era ensacado e sacado ao lombo cantís arriba hacia Teixidelo, onde é de suponer que o cargarían en carros, e de alí o punto máis cercano onde podía cargarse nun camión era na Veciñeira. Hoxe está todo oculto baixo os esborrallamentos de pedras, que taparon as entradas dos túneles, so poden verse unas paredes, restos dunha cabana de pedra feita nesa época polos traballadores, entre os que estaba Miguel, pai e avó de vecinos da zona que levan o apelativo de “de Miguel”. Como decíamos, a mediados do século XX deixou de funcionar, e empezaron a traballar outras minas máis arriba, cerca da Garita de Herbeira, das que ainda hoxe se poden ver restos claramente, pero das que falaremos outro día.


Bestas pacendo ao pé da cabana


 Sempre o dixen, os cantís da Capelada son impresionantes desde arriba, pero desde abaixo moito máis, recorrelos é una experiencia única. Non invito á xente en xeral a facelo porque considero que non é un sitio libre de perigo, de feito eu, que son da zona e medio aventureiro, nunca quixen ir sen alguén que me guiase e conocese ben o sitio. Por iso tardei tanto tempo en ir, pero dunha cousa estou seguro: volverei.











4 comentarios:

  1. Que bonito! Gustoume moito!
    Cando voltes avisa!
    O que se ve na última foto é unha das cousas que mais me fascina da baixada, non podo evitar para e botar de cando en vez a vista atrás para mirar hacia alí.
    Á subida xa vou tan mallada que non miro tanto jajajaja
    A Capelada é tan fermosa! Ufff

    ResponderEliminar
  2. Fermosa entrada. Non podía ser doutro xeito tratando o Baiogal. A túa ollada agrandáo.

    ResponderEliminar
  3. Olé! Se te echaba de menos por este mundillo. Saludos!

    ResponderEliminar
  4. Vaia...xa se me pasaba! Benvido de novo, Juanma, de moito interés os datos que aportas sobre os minerais a extraer, sempre pensei que serían do grupo das calcopiritas pola abundancia que deles atopaba entre as pedras...a microtoponimia é fundamental que se recolla toda, garda moitos segredos do pasado...lembra o Furado do Loberno.

    UNha aperta e a ver se a prósima non se fai esperar tanto.

    ResponderEliminar