miércoles, 20 de octubre de 2010

O Pozo do Inferno


Ata agora non serían moitos os que por el pasaran, pero despois de facelo ben saben porque lle chaman así.

O Pozo do Inferno,  rodeado de lendas e misterios, no Río do Casón,  aos pes  do Castelo do Casón, un castro medieval do que aínda hoxe podemos ver perfectamente os restos dos seus muros se por un momento nos distraemos das fermosas vistas sobre a Ría de Ortigueira. Por suposto, na Capelada, no último coto antes de baixar ao val de San adrían de Veiga e de Mera.

Decía Bascoy que no fondo do pozo se podía ver a cara de Cerbero, o can que garda a porta do inferno; eu nunca tal vin, e non conozo a naide que o vira, pero se o señor Bascoy o decía…

Visible ou non, o dichoso can tiña ben asustada a Viriato, esa xabarina que andou A Capelada a feito, para despois contalo todo nas súas memorias, onde lle adica un capítulo ás súas andanzas polo Pozo do Inferno. Lectura moi recomendable ( Andrés Toxeiro, Memorias de Viriato, Ed. Ir Indo ).

Baixando



Para non ser eu menos que Viriato: recordo a primeira vez que baixei ao pozo do inferno, haberá cerca de 10 anos, moito tiña oído nomealo aos cazadores  pero nunca fora, e un día, acompañado de meu primo Iván argallamos a excursión. Non foi azoso, gracias que estaban cortando na madeira e tiñan feitas escadas de barandas e postas cordas, que nos axudaron a baixar por paredes case verticais. E chegamos, impresionante, o río baixa encaixonado entre paredes de pedra de varios metros de altura.. Era case noite, será por iso que non vimos a cara do can aló abaixo…

Vistas desde a baixada ao pozo


E nunca máis volvín, pero non debín ser o único que quedou impresionado coa baixada (tamén creo que fun polo máis difícil) porque agora xa o solucionaron. Si, sempre ando criticando que todos  (administracións públicas, comunidades de montes, eólicos…) sacan cartos da Capelada pero que pouco lle agradecen en forma de investimentos, así que cando se fai algo tamén me gusta decilo. Foron os veciños de San Adrián, con cartos da comunidade de montes da súa parroquia e algunha achega do concello de Ortigueira e Diputación (contaron así na prensa) os que decidiron facilitar o acceso ao pozo.

A pasarela sobre o pozo


Sinalizaron o camiño desde a pista que sube desde San Adrián, marcaron os desvíos para chegar á beira do río, xa no último tramo puxeron barandas de madeira e fixeron escalóns, para chegar , por fin, á pasarela que, pousada sobre as pedras, nos permite estar xusto enriba do pozo, nunca tan facil pensei que fora.

Refrescou algo no inferno, xa non hai excusa.







7 comentarios:

  1. O Pozo do Inferno.Antes era un sitio salvaxe e agora é outra salvaxada turística.Hai que facer desaparecer aos concelleiros de turismo, e as súas concellalías: son os elementos máis perigosos para a conservación da natureza. Esas barandillas e pontellas non son máis ca unha novo estilo de contaminación.Do máis perverso e maquiavélico, para máis.
    Unha noticia triste, se no máis profundo da Capelada xa chega a horrorosa moda barandilleira apañados andamos: non temos solución. Pretendemos ser modernos e caemos no máis antigo e vello reflexo do paleto: amitar o urbano.
    Para cando nos decataremos que a nosa enxebreza é o noso verdadeiro valor de modernidade?
    Esa ponte e esa barandilla, das que nada sabía, son un atentado á paisaxe e a natureza dunha dimensión só comparable a estupidez modernista que a promoveu.
    Lamentable, tristísima e irreparable decisión digna de figurar enmarcada no catálogo das infecciós humanas: eses virus.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a todos por pasar por aquí e comentar.
    Rafael, nesta ocasión, tendo a túa innegabe parte de razón, imos discrepar.
    Dixen moitas veces que non me gusta ese "turismo de masas", habitual por aquí, que consiste en ir no coche particular facendo a ruta estandar de Cedeira-San Andrés-Garita-Cabo Ortegal-Cariño, que non nos deixa máis que molestias e practicamente ningún beneficio. Pero isto é diferente, non é para ese público, está ao pé dunha ruta de sendeirismo recentemente sinalizada, a carretera para chegar é unha pista de terra que hai que preocuparse de buscar, e iso indica que xa se ten algunha que outra inquietude pola zona.
    Polos comentarios da xente, aquí , no facebook e en persoa, sei que A Capelada é unha grande descoñecida fora da ruta antes mentada, cando lle amosas sitios como este a xente descubre unha Capelada nova que quere conocer, e despois do conocemento ven o aprecio e a preocupación por cuidalo, así que se sirven para iso benvidas sexan algunhas barandillas. Oxalá as houbera na fraga que cortaron para plantar eucaliptos, ou na mámoa que desapreceu debaixo dunha pista ou plantación, ou nesa pedra bonita que alguén levou para o xardín do seu chalé, ou naquel paso de fauna onde o furtivo pon os lazos, ou no río que recibe vertidos da industria de turno, ou...
    Non hai que masificar, pero si achegar e divulgar (ti e eu xa facemos a nosa parte niso) e isto paréceme unha boa iniciativa, podemos criticar o acertado da execución da obra en si pero a iniciativa paréceme boa, fanse a diario cousa peores na Capelada, creeme.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. A min parece unha boa idea o que fixeron, non me meto en si é máis bonito o máis feo, pero eu xa fun a ese lugar hai un montón de tempo e non volvín porque me pareceu extremadamente perigoso, porque como tiveras o máis mínimo despiste ou non tiveras moita habilidade corrias o risco de caer e eu penso que todos temos dereito a disfrutar (co máximo respeto, por suposto) de este fermosísimo lugar, polo que eu creo que agora está moito mellor, e pode ser visitado por nenos, e persoas con pouca axilidade sen risco ningún, e sen estropear de ningunha maneira o entorno.

    ResponderEliminar
  4. Holaaa!
    Entonces ya fuiste a ver la barandilla famosa jajaja
    Sergio y yo también fuimos el otro día de paso que andamos buscando algún boleto por allí cerca jaja. Yo no había tenido ocasión de ir antes (tampoco conocía el camino aunque había oído hablar de la cascada). Estoy contigo en que la barandilla no hace daño, el turismo de masas se centra en la ruta que tu comentas, algunos incluso ni se detienen en Herbeira porque no ven un enorme cartel que lo indique jajaja A mí me preguntan muchos en Teixido ¿Y dónde están los acantilados más altos...? Y resulta que ya había pasado por allí, pero no se enteran. Así que esta barandilla la aprovechará la gente que realmente viene a disfrutar de la zona y no el turista de pasada, esos que vienen a Teixido con tacón de aguja y preguntando ¿dónde está la catedral? X____D y lo que encuentran más fascinante allí en el pueblo es la señal del km 0.
    Ah por cierto, como ves ya tenemos módem nuevo.
    Bueno, nos vemos cúidate!

    ResponderEliminar