domingo, 25 de abril de 2010

Tal día coma hoxe



Este domigo que xa escapou foi o día  de San Marcos; calquera veciño da volta   sabe que isto é o mesmo que decir feira e cabalos, cando aínda non estamos recuperados do 23 de abril, en Moeche.

Antigamente a xente da Capelada, daquela moita máis  que agora, tiña este día ben marcado no almanaque:

As vísperas do San Marcos eran días de traballo en común , de xuntanzas veciñais, para facer o que por estes cotos a míudo neboentos se deu en chamar “baixar as bestas”.
Baixabanse as bestas, bestas como as que aínda hoxe viven libres nos nosos montes, cara as aldeas, ata que, enganadas, acababan encerradas en currais que lles roubaban a súa preciada liberdade por unhas horas.

Nestes currais acontecía un acto cruel pero necesario: a separación das crías e das nais. Os potros xa nacidos o ano pasado eran apartados daquela besta que instintivamente os críara e protexera, e que seguindo os mesmos instintos concibeu outro potro que tamén vai precisar das súas atencións.

Para consumar a separación os potros eran arrabados a cabalos xa amansados e domados, e deste xeito pasaban para a outra banda da ría, para ser vendidos na feira do San Marcos.

É a historia de cómo era algo que xa non é. Xa non quedan veciños nas aldeas,  na escuela de Meizoso xa non quedan nenos nin maestra que lles dea o día libre para tornar nos boqueiros axudando a acurrar as bestas.

Quedan bestas no monte, pero cada vez queda menos monte para as bestas (cerres, plantacións…). 

Hoxe disto quedanos a Rapa das Bestas, esa festa que esperta interes internacional ( e en min sentimentos contradictorios), que temos que evitar convertir nun circo romano, algo alonxado da esencia da tradición da nosa Capelada, de sempre, GANDEIRA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario