domingo, 14 de febrero de 2010

Tempo de freixós

Uns poucos freixos e máis orellas.

Estamos no antroido. Eu teño que reconocer que son pouco antroideiro para o asunto das máscaras, pero para o da cociña son un gran devoto.

Para min estas épocas, son sinónimo de freixós. Sí, freixós, aquí chámanse así, non lle chamamos filloas ao que se fai con esa masa líquida de auga, leite, fariña, e ovos (e sal e anís a gusto do consumidor) que se verte nunca plancha quente aos poucos para conseguir finas láminas que dan este manxar.

Recordo cando era pequeño, e xa non tan pequeño, a imaxe da miña abuela Amelia na cociña, arrimada á lareira, onde tiña o lume feito, e sobre as brasas unha plancha de ferro con catros redondeis (a freixoeira) e pegado a ela unha torre de freixós de máis dun metro de alto; isto cando non estabamos por alí, porque cando nos xuntabamos uns poucos ela ben daba feito pero o montón non medraba. Freixó feito, freixó papado. Isto era na Pedra Chantada, nos Casás.

En Meizoso miña abuela Maruja era máis das chaolas. Por estas fechas sempre tiña unha fonte chea delas para ofrecer ás visitas. As chaolas amásanse como se fora para un roscón: mesturando fariña, ovos, auga, levadura, manteca, raiadura de limón, anís, canela, sal e azúcar. Déixase levedar dun día para outro, e vanse estirando cachos de masa non moi finos para freílos en aceite.

As abuelas xa non están, e nas casa modernas non temos lareira nin freixoeira, pero coa vitro e unhas tixolas seleccionadas (porque disque non todas valen para os freixos) pódense facer perfectamente, fáltalles o “aquel” da tradición, pero valen.

Bo proveito a todos.

4 comentarios:

  1. uuuhhhmmm, con esta entrada do blog ábreselle o apetito a calquera....jijiji

    ResponderEliminar
  2. Bonito post!! Que lembranzas..e que fame!!
    Aquí miña avoa lles chama botefas..pero as feitas con cabaza, calacú (ou manguetas no morrazo).
    Que rica a cultura e a gastronomía galegas.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Hola juan, son Silvia a neta de Carmen e de Constantino, acabo de dar co teu blog na rede e aproveito pa darche a noraboa, non sabes como estou disfrutando léndoo, a propósito dos freixós, ainda non hai moito que lle oin falar a miña abuela do ben que facía os freixós Maruja de Miguel (así é como se nomea a túa abuela na miña casa)...seguro que lle teño papado uns cantos de cativa!! Unha aperta! Seguirei o blog e intentarei comentar todos aqueles pensamentos e recordos que teño desa, a nosa Terra.

    ResponderEliminar
  4. Gracias a todos polos comentarios.

    Silvia: alégrome moito de verte por aquí. Estás invitada a participar cando queiras, espero que che guste, e se hai algo que non tamén podes decilo.
    Se buscas polos arquivos do blog e as galerías de fotos hai cousas que reconocerás.
    Un abrazo

    ResponderEliminar