martes, 2 de junio de 2009

Seguimos adiante




Empezarei pedindo disculpas a aquelas personas que siguen o blog (xa quedarán poucos) polo total abandono que padeceu últimamente. A verdade é que non tiña moito tempo de atendelo, pero iso non é excusa porque tampouco leva tanto tempo facer unha entradiña e contar calquera anécdota, sinceramente é que non había moito ánimo, e tampouco anécdotas novas que contar que non foran de hospitais, enfermidades e cousas polo estilo. Pero hai propósito de enmenda, en momentos fun facendo borradores de temas que teño a medias e que irei colgando segundo se vaian rematando.




Cambiemos de tema:

Arsenal de telescopios en Loiba




Hai cousa dun mes organizaron na Fundación Ortegalia (con sede en Ortigueira) un curso de iniciación á observación de aves, e alá fun: Foron 3 días, o venres pola tarde unha iniciación teórica para introducir á xente no tema, a cargo de C. Damían Romai Cousido, membro da SGO, o cal non coñecía pero me soaba moito o seu nome, e despois de darlle moitas voltas e comprobar nos archivos do ordenador resulta que xa intercambiaramos varios correos falando de bichería (en concreto sobre martas), maravillas de internet.

O sábado levounos a facer unhas observación polo muelle Santa Marta con telescopios, prismáticos e demáis trebellos necesarios. E como isto da moita fame houbo que ir comerlle algo á pizzería do Baleo.

O domingo veu David Martínez Lago, outro famoso "paxareiro" da zona, que nos levou ata Ladrido, Loiba e o pinar da praia.

En resumen, que estas cousas están moi ben, sempre se aprende algo, e o que é máis importante: conoces a moita xente que con inquietudes similares ás túas, e te fan ver que non eres tan raro. Hai que facer moitas actividades destas para ir concienciando á xente da importancia que ten o noso rico medio natural. Así que compre agradecer á xente da Fundación Ortegalia (Elisa, Emma, e demáis) estas iniciativas que son moi importantes para dar a coñecer o noso entorno, e tamen sirven de reunión para aqueles que xa estamos máis o menos no tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario