jueves, 4 de junio de 2009

Os voutres

Voutre pousado nun pino da Capelada

Ven esta entrada a continuación de outras sobre o tema dos voitres (voutres na Capelada) que fixeron nos seus respectivos blogs Rafael e José Miguel, e como penso que teño algo que aportar pois sigo co tema.


Moita xente pensa que os voutres son unha novidade por aquí, hai uns anos saíra no periódico a noticia que se podia ver unha ducia de voutres polo Coucepenido e por ahí, había moitos incrédulos decindo que iso non podía ser, os que o crían razonaban que se trataba nun cambio no comportamente deses animais, xa que nunca viñeran, etc , etc

O certo é , que se ben votaran uns anos sin aparecer, eran unha ave habitual na zona.

Podo contar unha anécdota que oín moitas veces a varios veciños e á mesma protagonista:


Era miña avoa, Maruja, de Meizoso, unha rapaza. Isto sería aló polos anos 40. Aínda non se fixeran as casas novas na que logo viviran os meus avós e máis a que logo fora taberna. Pois a cousa foi que saleu a fora, a un pequeno curral que aínda hoxe hai entre as casas, e alí estaba un voutre (que a ela lle pareceu enorme), que por algunha causa fora acabar alí e debido a angostura do espazo non era quen de remontar o voo, e andaba a bandazos e golpes contra todo, incluída miña avoa, que empezou a berrar e veu valerlle un veciño que escorrentou o animal.


Como vedes con esta historia os voutres levan moitos anos rondando pola Capelada, un sitio que a priori lles sería idoneo para alimentarse por ter gado en liberdade e amplas extension de pastizais sen obstáculos (iso era antes dos andaravíos). Claro que desde hai uns anos queda moi pouco alimento no monte xa que por lei hai que incinerar todos os cadáveres, o cal é moi bon e fectivo para unhas cousas pero ten malas consecuencias para estes animais.

3 comentarios:

  1. Benvido Juanma, espero que continues coa tua labor de amosarnos a natureza de esa maravilla que é A Capelada.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Boas Tojeiro...vaia alédome de que fixeses a entrada...
    ...dei en pensar se o voutre non baixaría ao curral a "cazar" ...non son moi crédulo cos relatos de voutres cazadores...fanme falla probas, pero tampouco deixo de considerar a posibilidade de que cazen se a fame fose moita, por que de certo é ben raro que baixara ao curral, tan perto das casas. O feito de que poidese fuxir, naturalmente voando, danos a pensar que ferido non estaba. Así es que baixou adrede, paréceme. E para repousar ou descansar,dende logo non escollería o curral.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Gracias polos comentarios.

    O certo é que da que pensar que facía o bicho alí, pois se o conoces (é onde está a casa que pon en azulejos "Lugar de Maizoso") o sitio non é o propio para baixar un voutre, de feito non sei se escapou voando ou a pe polo camiño abaixo, creo que a miña avoa non estaba para fixarse no comportamento do animal, pois aínda 50 anos despois se lle notaba cando o contaba que pasara moito medo. Pero máis aló destes detalles que poden non ser correctos de todo creo que é unha historia que sirve para confirmar que esas aves non son unha novidade na zona.
    Sería boa cousa ter moito tempo e dispoñer duns días para ir tomarlle o café a alguns veciños e que nos falaran destas cousas, que seguro que saben pero non contan porque pensarán que a naide lle interesan.

    ResponderEliminar