jueves, 26 de febrero de 2009

O outro temporal


Este inverno dis que foi como aqueles invernos que viñan antes, non faltou de nada: auga, vento, neve...

Antes de que viñera o Klaus e fixera tanto mal tiña pensado poñer algunhas fotos da nevada que viñera uns días antes, así que vai sendo hora de que as poña, antes de que veña outra.

A Garita e a Pescadoira vistas desde O Compás

A carretera de subir á Garita de Herbeira, á altura da Serra das Paredes. Vése que non fun o primeiro en subir.

Polo camiño había animais que baixaban hacia zonas menos nevadas

Isto non é fácil de ver, a Garita cuberta de neve. Esa pedra do medio é onde está a placa onde os de Cariño e os de Cedeira se disputan a propiedade tachando na placa, Que fagan o que queiran, a garita é da Capelada.

As nosas vacas tuveron que recurrir ás reservas de silo e herba seca, non quedaba outra.

Esta nevada durou o xusto para que dira tempo a sacar unhas fotos bonitas, sin ser tan larga como para facer mal no gado. En San Andrés pasaron unha mañá incomunicados porque había xeo no asfalto, algún foi para a cuneta, pero non houbo males maiores. Se fora así o dichoso Klaus outro galo nos cantaría...

Do Klaus, bautizado cando xa pasara, vainos levar un tempo recuperarnos, os males foron moitos, e como en todas as catástrofes aparece quen quere aproveitarse. Estou pensando en moitos maderistas (espero que non todos), que agora tiñan unha oportunidade de ouro para lavar a súa imaxe diante da sociedade ,porque non a teñon moi boa, non, comprándolle a madeira a aqueles pequenos propietarios que tuveron danos a un precio xusto, pero non ¡como van facer iso!, teñen que seguir sangrando a aquel do que levan vivindo toda a vida, e cando ofrecen algo pola madeira dan a décima parte do seu valor, e se non lles "gusta" moito, din que costa sacala tanto como vale, e que se queres che fan o favor de levala, sin darche un peso. E se quedan tan anchos.

Hai unha seguidora deste blog que me di que non teño que enfadarme tanto, que sempre teño algunha queixa, que lle gustan máis as entradas nas que enseño cousas bonitas que nas que critico algo. Nesta parecía que empezaba ben, coas fotos da nevada, pero non puiden resistirme a meter unha "cuña" ahi ao final, jejejejeje.

Ten a súa parte de razón, na Capelada hai cousas moi bonitas para contar e amosar, pero tamén hai moitos problemas e cousas que nunha visita turística non se aprecian, e creo que tamén debo mencionalas. Pero prometo non quentarme tanto, jeje.

No hay comentarios:

Publicar un comentario