lunes, 26 de enero de 2009

Desfeita



Tiña preparado un borrador e unhas fotos da nevada de hai quince días para publicar aquí, pero aínda non me dera tempo a colgalas cando nos veu enriba algo moito peor que a neve.
“Vaia desfeita”, iso foi o que pensei cando o sábado cheguei a Meizoso. Aquilo estaba totalmente arrasado, as pistas e camiños todos atrancados. Había, e hai, centos de árbores (aquí decimos paos) tirados, tanto no monte como nos camiños, por sorte non caeron encima de ningunha persoa nin casa (dalgunha vaca si), aínda que as casas, cabanas e cortes xa levaron a súa parte tamén. Cerre das fincas a nosoutros non nos queda ningún en pé, temos que repoñer centos de metros, porque antigos veciños que abandonaron as vacas (e o demáis) plantaron parcelas lindantes coas nosas sin deixar ningunha distancia, e agora caeron sobre os nosos cerres, co que antes de cambiar as vacas de parcela temos que facer alambrada nova.
A única carretera pola que puiden chegar foi pola que vai desde Cedeira por San Andrés, e porque xa estuveran todo o día traballando nela, porque a outra media ducia de accesos posibles estaban atrancados.
Os veciños de Viduido estuveron atrapados hasta cerca da noite, entre todos os veciños e a maquinaria que se tiña nas casas se foi limpando a carretera, pero foi moita xente traballando sin parar e aínda así levou todo o día, para ter un mínimo de comunicación, non queda limpo nin moito menos.
O stop tiña un eficaz axudante

Os cables da luz están tirados en moitos sitios, non hai luz eléctrica e seguro que aínda tardará días, polo menos había cobertura dos móviles, algo e algo.
Os danos foron moi cuantiosos, en cartos, na nosa casa, así por enrriba e tirando polo baixo este temporal fíxonos destrozos por máis de 15.000 euros. Moralmente moito máis, pois so nun día veuse abaixo o traballo de moitos anos, que a partir de agora podía empezar a dar algún beneficio, pero nada, o frase do día era “polo menos non se lastimou nadie”. Afortunadamente.

Librando a carretera


A parte positiva de todo isto foi que se demostrou outra vez que os poucos veciños que quedamos (ou quedan, que o meu é máis de sentimento que realidade) estamos unidos, colaborando todos cando as cousas o requiren, así que gracias a todos pola parte que me toca, xa que foi moita a axuda recibida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario