viernes, 13 de junio de 2008

Agradecemento

O Picapeixe

O martes desta semana estaba comendo na cafetería da facultade cando recibín unha chamada dun número descoñecido, contestei, e era Diego, da ANPA Picapeixe do colexio "Nicolas del Río", de Cedeira, para informarme de que decidiran otorgarme un dos seus galardóns "Picapeixe" pola labor educativa e divulgativa que fago con este blog. Xa podedes imaxinar a miña sorpresa.
Non teño palabras para expresarlles o meu agradecemento por este recoñecemento, que realmente me fai moita ilusión, máis aínda sabendo que comparto galardón coa Aula Hospitalaria do Arquitecto Marcide, co proxecto de Preescolar na Casa, coa Aula do Mar do concello de Cariño, coa Operación Xoguete da OJE, o programa de mediación escolar do IES Manuel Leiras Pulpeiro de Lugo (cidade coa que teño evidentes lazos por razón de estudios), e o Programa Vacacións en Paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharui, do que tamén formei parte, pois durante cinco anos fomos unha de tantas familias acolledoras de nenos saharauis.
Insisto no meu sentimento de agradecemento, pero que se ve acompañado por un sentimento de responsabilidade, pois agora sei que hai xente pendente do que eu escribo e que lle importa o que eu penso dos temas que trato (aínda que pensemos diferente, iso non importa).
O contador do blog anda agora polas 1900 visitas, tiña pensado facer balance cando chegara ás 2000, pero dadas as circunstancias fareino agora:
Empecei animado principalmente por xente que comparte a miña aficción pola fotografía, pero que notaban que cada vez que eu colgaba unha foto nunha web me gustaba acompañala da súa historia ou do que quería realmente mostrar con esa imaxe, e así empecei, sin saber moi ben como funcionaba o asunto, e sin ter moi claro hacia donde quería dirixir a temática do blog, pero con interés e ilusión. Un día investiguei como era iso de poñer un contador e púxeno, e quedei gratamente sorprendido cando en apenas unha semana chegou ás 100 visitas, moitísimo máis do que eu imaxinaba, logo viñeron moitas máis. Hoxe sei polas estadísticas do asunto que teño sobre uns 150 seguidores habituais, e algúns ocasionais cada mes que chegan por casualidade a través de buscadores. Pero é que 150 lectores son moitos lectores para as miñas aspiracións.
Os temas que fun tratando: algúns son temas de actualidade, outros son reflexións miñas, algunha denuncia, e algún que outro enfado que dalgunha maneira hai que aliviar. Unha parte complementaria do blog son as galerías de fotos que teño en outras webs, onde empecei e nas que quizá amose mellor o medio natural da Capelada, e hai máis aportacións en comentarios doutra xente.
A frecuencia de actualización das entradas é o meu gran fallo, gustaríame facelo máis habitualmente, pero hai obrigas que atender, e isto o fago por placer e polo que sinto hacia unha terra e unha historia, e tampouco quero que se convirta noutra das miñas obrigas. Teño ideas, e teño material para publicar, pero non teño todo o tempo que me gustaría.
En fin, que estou máis ilusionado que cando empecei, xa teño algo máis claro o rumbo, e moitas gracias a todos os que algunha vez me adicaron parte do seu tempo, a aqueles que me recomendan nos seus blogs (Fati, Cheda, e algún máis que haberá), e por suposto a ANPA Picapeixe do Nicolás del Río.
Gracias a todos

4 comentarios:

  1. Parabens polo premio que recoñece a tua magnífica laboura ao fronte deste blogo, pasareime máis a miudo a ler os teus artigos.

    Un saudo.

    O Confidencial.

    ResponderEliminar
  2. Hola!!!
    Me gusto mucho tu blog, ahora a ver si termino de leer tus articulos en la revista esa de la rapa das bestas, ya te daré mi opinión ;-)
    Besitos y buenas vacaciones!!!
    Beijos fofos

    ResponderEliminar
  3. enhorabuena por el premio!!!eres un crack!!jajaj

    ResponderEliminar