martes, 8 de julio de 2008

A Rapa

Os máis novos reclamando atención

Outro ano máis pasou a nosa Rapa das Bestas, a da Capelada, e como non podía ser menos había que darlle unha volta ao tema por aquí, pois imos aló:

A Rapa como a festa que coñecemos hoxe empezou a facerse hai algo máis de trinta anos, como unha festa máis de cara á promoción turística. A historia real da rapa auténtica e tradicional era parecida pero non igual (evidentemente, según me contan); o normal de antes era que cada aldea tuvera gado no monte da súa contorna, e este gado se xuntaba en curros (ou currais, ou cerres como en cada sitio pudieran) e alí se facía o necesario, como separar as crías para vender, marcar os que iban quedar, rapalos, etc…
Da ahí saleu a Rapa-espectáculo que hoxe coñecemos, enfocada hacia un público que nos últimos anos está mostrando un gran interese polo tema . E deste interese polo tema saen disparidade de opinións, desde o que queda fascinado polo espectáculo hasta o que sae asustado, por iso que é importante ter claro o enfoque que se lle quere dar á cousa e a imaxe que se quere dar de cara ao público en xeral.

Saída da carreira


Eu, e algún máis, pensamos que temos que escapar de dar unha imaxe de brutalidade cos animais (alentada por certo tipo de público, que de todo hai), non decir iso de “aloitadores”, que non sei quen o inventou pero non me gusta nada, aquí non se loita, se traballa cos cabalos. Temos que aproveitar o gran poder de convocatoria da rapa para facerlle ver á xente o funcionamento do gado no monte durante todo o ano, que vexan como se traballa, abrirlles as portas se queren participar no traballo de xuntar os cabalos polos montes, explicar como se fan as cousas e por qué, que todo ten a súa razón de ser. Mesmo pensando egoístamente temos que velo como unha operación de marketing, pois se ben a rapa non nos aporta ningún beneficio directo temos que intentar sacalo indirectamente, hai que facerlle ver á xente (e está é unha das miñas obsesións, como teredes notado) o que aportamos á sociedade, en moitos sentidos: económico, social, medioambiental, de benestar animal, culinario, etnográfico,… e deste modo crear unha especie de “conciencia social” ao noso favor que comprenda o noso traballo (e pido perdón por incluirme, que eu non paso de aficionado) e os nosos problemas, que vexan que se deixamos desaparecer isto imos perder moitas cousas. Por todo isto é fundamental ter claro a imaxe que se quere dar, que por outro lado ten que ser a real.

Actuación da orquesta Xuntanza

Este ano se lle quixo dar un paso máis á festa organizando cousas tres días: queimada, actuación de grupos folk, rock, orquestas, zona de acampada, comida, a rapa en sí, e o que para min é o mellor e o que nos fai únicos: a carreira de relevos a cabalo, todo un espectáculo, lástima que averiara a megafonía. Toda unha aposta por darlle un “plus” á cousa.

Os da casa non faltaron: Chylava


Claro que tamén houbo fallos que haberá que ir solucionando no futuro, si é que se sigue, porque o gran problema da Rapa é a organización: en calquera parroquia a comisión de festas vai cambiando cada ano (e todos miramos de librar), pero aquí non, son sempre os mesmos, media ducia escasa de persoas que levan o groso do traballo, que é moito, pois hai moito que facer e organizar. Por iso quero expresar o meu reconocemento ao seu esforzo de ano tras ano, non vou dar nomes, pero eles xa saben quen son, e os veciños tamén se fan unha idea. E darlles ánimos porque como a cousa siga así en pouco tempo a Rapa pasará a ser un evento máis dentro das “Grandes Festas da Capelada”, e non é broma.

E ao final non querían marchar

1 comentario:

  1. Hola!!!
    La verdad es que no se debia criticar lo que realmente no se conoce!!!
    Algo que no me gusta de la rapa es el marcaje, nunca me gusto y nunca me gustará!!!
    A ver si el proximo año voy a ver la rapa de tu pueblo!!!
    besos!!!

    ResponderEliminar