sábado, 12 de abril de 2008

Viase vir




Se ides ao escrito anterior deste blog veredes que falaba por encima da situación do gando do monte, decía que eu non me arriscaría a ter alí unhas vacas miñas dadas as poucas garantías sanitarias do asunto. Pois se antes o digo....


A nova do elevado número de reses con tuberculose saleu na prensa escrita e tamén na televisión. Vimos a veciños de San Andrés queixandose da situación, veciños que sei que obran de boa fe porque os conozo e aprecio e ademáis somos familia, e que son víctimas dunha situación que ven de lonxe, que pode ir para largo, e da que intentarei explicar a miña opinión:


- Hay un problema: demasiados casos de tuberculose bovina.


-¿Hay unha [soa] causa?: eles coinciden en culpar a cabras "asilvestradas" e corzos de actuar como reservorio do axente causante da tuberculose nas vacas. Científicamente é posible.

E agora opino, opino como veciño e gandeiro, non como case-veterinario que son, xa que non estou manexando documentación científica algunha neste momento:


Primeiro aclarar que falamos das vacas do MONTE, non existe (polo de agora, que como aumente moito nunca se sabe) este gran problema nos amplios pastos veciñais cercados nin nas explotacións de fincas particulares.

¿Como se xestiona este monte?, pois nin ben nin mal , simplemente non se xestiona, e AQUÍ ESTÁ O PROBLEMA, non hai unha xestión, cada un fai o que quere, e o que era de todos acaba sendo de naide.

Non é sensato ter un pasto común compartido por animais de de 50 ou 100 ou X propietarios non que cada un fai o que lle parece. Chega con que 2 ou 3 deses propietarios por exemplo compren vacas de dudosa orixe ou sen garantías sanitarias e as mezclen con todas as demáis para que exista un brote da enfermidae, fanse traslados e intercambios de animais sin informar debidamente ás autoridades sanitarias, pois o que hoxe está nunha casa a 30 km mañá pode estar no monte e viceversa, etc, etc. Cousas que todos sabemos que ocorren e que nunca denunciamos, amparándonos nun falso corporativismo, que so serve para perxudicarnos cada vez máis, xa que os que obran mal moitas vecen non son nin sequera veciños da Capelada, nin das proximidades, convertíndonos en víctimas dunha situación da que a gran maioría non somos responsables.

A solución non é fácil, pero tampouco imposible:

Primeiro temos que participar todas as partes implicadas, os 3 concellos como propietarios dos terreos e os gandeiros como propietarios dos animais, e crear algún tipo de organismo de xestión.

Este organismo de xestión terá que marcarse uns obxectivos e unhas pautas a seguir. O máis importante hoxe por hoxe e conseguir unha boa condición sanitaria, para iso a medida máis importante é un control riguroso do censo das vacas presentes en cada momento nestes terreos municipais. Este organismo ten que ser conocedor puntual e exactamente de cada movemento de animais que se faga. Esixindo a cada incorporación toda a documentación pertinente, e implantando se chegado o caso fose necesario controis sanitarios extraordinarios nunha zona de cuarentena antes de soltar un novo animal no pasto común.

Isto esixiría controis e vixiancia diaria para comprobar que non hai vacas sen autorización, e que podería levar a cabo un guarda de campo contratado, do mesmo xeito que os teñen os tecores ou as cofradías de mariscadores para controlar a os furtivos. Son medidas extremas, pero tamén o é a situación, xa que periga o gando que salva A Capelada dos incendios.

Unha vez que todas estas situacións estuveran controladas os casos deberían ir disminuindo, e os casos que quedaran sí que poderiamos empezar a pensar que son culpa da fauna silvestre. Entón sería o momento de falar con expertos e universidades para facer controis e estudos, estudos que sin as estrictas medidas anteriores non se poden realizar xa que nunca partiriamos dunha poboación coñecida e controlada para poder sacar algunha conclusión certa e fiable, e o máis importante: útil.

Toda esta xestión costa traballo, tempo e diñeiro, pero non xestionar está costando moito máis.

2 comentarios:

  1. Canta razón tes. Agardo que a xente que ten parte no tema tome en consideración as tuas opinións porque como ben resumes no último párrafo:
    "Toda esta xestión costa traballo, tempo e diñeiro, pero non xestionar está costando moito máis."
    Estaría moi ben que as cousas se fixeran así como dís, sei que é dificil poñerse dacordo cando un tema afecta a moita xente e algúns igual non entran en razón perxudicando ós demáis. Pero eu véxoo claro: o que ti propós é o correcto, o que hai que facer. E ainda que o ser humano é moi propenso a saltarse calquera norma ou indicación, neste caso facer as cousas a calquera maneira non beneficia a ninguén.
    Sorte!

    ResponderEliminar
  2. Carallo, juanma, cando pillas o toropolos cornos daslle, e duro. Mira, eu non che estou moi vinculado nin ca Capelada, nin co jado; pro o que si sei e que, en xeral, o noso rural morre, agoniza por un excesivo egoismo e individualismo. Neste caso ti tes unha opinión moito máis capacitada ca miña, por estouch sejuro que moitos deses veciños teus nunca oiron falar do conto da "Jaliña dos ovos de ouro"; e sijen pensando que o que poidan amarrar hoxe nono han deixar pra maña. Penso que tes razón, pro pra levar a cabo o que ti dis haiche que trabalalr moito concienciando a xente, unha maioria non se ha de comprometer salvo que vexan as ventaxas claras.

    Un saudo.

    ResponderEliminar