miércoles, 28 de febrero de 2007

Os amilladoiros




Os que algunha vez teñan feito o camiño de San Andrés repararían en que nalgúns sitios atópanse unhas pilas de pedras. Son os amilladoiros, testigos de como durante séculos incluso milenios a xente foi peregrinando en busca de quen sabe qué.


A adaptación actual cristiana di que as pedras falarán o día do xuízo final, e dirán quen realmente peregrinou a San Andrés como é mandado. O certo é que a tradición é máis antiga que o cristianismo, din os vellos que antes de facer a carretra os amilladoiros eran máis grandes, que moitas desas testemñas mudas ata o xuízo final acabaron baixo a moderna capa de asfalto, pero afortunadamente aínda os podemos contemplar nas costas de baixada a San Andrés, xunto os vellos camiños, e que aínda que de momento non falen si que lle din moitas cousas a quen lles preste atención.

1 comentario:

  1. Eu xa deixei a miña pedriña ali por si acaso jejeje
    No amilladoiro que está no camiño antigo que baixa a San Andrés. Xa fai unha boa temporadiña que non baixo por alí, calquera día destes me animo.

    ResponderEliminar