miércoles, 15 de noviembre de 2006

A vaca


Con isto do progreso as cousas van cambiando ,pero eu aínda creo que en Galicia, polo menos no rural, a vaca segue sendo unha parte moi importante na casa do labrador.

Cada vez quedan menos, das nosas, desas vacas que teñen cornos e que sempre teñen unha cría cerca pedíndolles polo leite, porque agora, e desde hai uns anos temos unha especie invasora, que son as vacas pintas, ou frisonas ou holstein ou como lles queiramos chamar, que son unhas finolis comparadas coa nosa vaca, sí , dan moito leite, pero ,ui, que esta comida non lles gusta, que aquela lles senta mal, que é a hora da pastilla, e por riba nin sequera disfrutan dos praceres máis carnais e primitivos, porque estas vacas finas non están aboiadas, senón inseminadas, e cérrame esa porta que a vaca pilla frío.

Valgan estas letras para homenaxear ás nosas vacas, as de toda a vida, que daban o vecerro pra criar e sacar dun apuro á familia, que daban leite para críar nenos fortes e aínda se podía facer algún queixo ou unha pela de manteca, a mesma vaca sabía andar ó carro ou tirar do arado, nada que ver con estas vacas de deseño que as industrias leiteiras nos meten polos ollos.

E esa homenaxe non a merecen as vacas, senón aínda máis ese poucos labradores que van quedando na nosa terra, que a pesar de levar máis de dez anos cobrando a xubilación seguen a levantarse ó raiar o sol para ver se aquela que estaba chegada pareu sen problema, ou aquel vecerriño que naceu delicado sigue mamando, eses son os que merecen o agradecemento de que poidamos seguir disfrutando da paisaxe modelada por esas vacas, que podamos seguir disfrutando da mellor carne do mundo .... De que aínda queden vacas de verdade.

Gracias

1 comentario:

  1. a pesar de no hablar gallego (soy de burgos) creo que he entendido de que va el articulo....
    VIVA LAS VACAS DE PUEBLO!!!ABAJO LAS VACAS FABRICAS DE LECHE!

    NIÑOS DEL MUNDO LA LECHE NO VIENE DEL TETRABRICK.... VIENE DE LAS VACAS!!!

    ResponderEliminar