jueves, 4 de enero de 2007

O ¿futuro?


Eso me pregunto cando vexo este panorama. Un panorama de abandono.

O Hórreo da foto foi feito por meu avó hai menos de cincuenta anos. Cando el o fixo eran moitos a traballar nos labradíos do lugar, e os anos de boa colleita estes horreos quedaban escasos e facían uns cabazos de varas. Pero non creo que éste cumprira con ese cometido máis aló de dez ou quince anos, xusto cando os pais de meu avó deixaron de traballar nas terras pola sua idade e cando os fillos marchaban buscando outros horizontes. Cada vez había menos xente para a que cocer pan, menos xente para ir ó muiño co mainzo para traer a fariña, ata que nun momento dado deixou de usarse o horreo porque deixou de labrarse a terra e xa non se usaba para nada. Este aínda non é dos peores, outros xa costa recoñecelos baixo as hedras, ou mesmo xa estan caidos.

Cando meu avó o mandou facer chamou a canteiros e carpinteiros, pagou xornais, foi co carro buscar a pedra que logo habí aque picar para ir colocando. Non sei canto lle costaría, pero seguro que pensaba que as cousas iban ser doutro xeito.

E agora ¿que?, esta é historia polo momento. Seguro que o horreo non volverá resgardar o mainzo dos ratos. Pero é que pode que en poucos anos non quede nin que lle quite as hedras.

Hoxe morreu outro veciño, pero hai anos que non se ten noticia dun nacemento na zona. Se as cousas non cambían moitas aldeas están condeadas ó abandono, e poucas cousas se fan para que a cousa cambie. Mentras na vila se estan vendendo pisos por 200.000 euros a cinco minutos no coche deixanse caer casas de vellas e de pena. Lugares enteiros quedan despoboados, perdéndose con eles o traballo de moitas xeneracións, moitas historias, o nome de moitos lugares xa que unha vez mortos os que os conocen naide volverá a pronuncialos, e aínda que moitos non o queiran crer, perdemos moita riqueza, da económica tamén. Menciono a económica porque parece que é o único sitio por donde lle doe a algúns, sobre todo ós que teñen na súa man facer algo para solucionar isto.

2 comentarios:

  1. Hola! Unha recomendación: non sei se coñeces este documental, persoalmente a realización non é que seña moi boa pero a temática, sobre a despoboación dos lugares en Galicia, é moi interesante, mándoche o enlace:

    http://flocos.tv/curta/a-aldea-o-antigo-e-o-novo/

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Moitas gracias polo enlace!!
    Sabía deste documental, recordo perfectamente o día da presentación oficial, tiña pensado ir pero ao final complicaraseme o día e non fora. Aproveitarei para velo con calma.
    Por certo, ti seguro que xa o sabías, pero hai algunhas inexactitudes nas datas do que conto arriba, donde digo avó supoño que sería bisavó, e en vez de 50 pois serán 80. Isto pásame por facer as cousas de memoria e non repasando con calma, pero cando o escribin dudo moito que o leran máis de 2 ou 3 persoas e tampouco importaba moito. Agora xa miro máis, pois isto veo, e digoo con orgullo e agardecemento, moita máis xente.

    Saúdos.

    Ah, se tes correo electronico pódesme escribir á direccion que poño no blog e así estamos en contacto.

    ResponderEliminar