miércoles, 22 de diciembre de 2010

Benvida a Terras dos Lapatiancos

Desde hoxe temos un membro máis na familia de blogs da nosa comarca, sirvan as liñas deste humilde blog para presentárvolo en sociedade.

Xa temos na rede Terras de Lapatiancos, non vos digo de que vai tratar porque non o sei, seguro que Morgana tampouco o sabe moi ben a estas horas igual q non o tiña eu claro hai uns anos cando empezaba con este. Pero, supoño que algo terá que ver co que pase por esas terras por onde andaban os Lapatiancos, terras de Labacengos, e que desde non hai moito chamamos concellos de Cerdido ou Moeche, e arredores, cada vez máis despoboadas e menos traballadas, pero cunha interesante historia e tradición detrás que hai que valorar

Seguireino, como a outros que temos pola volta, comentaremos, unhas veces pa loubar e outras para criticar, se cadra, coa sinceridade que dá a amizade.

É unha boa nova, detrás de cada blog hai unha ou máis persoas con inquedanzas, preocupada polo mundo que lle rodea e con afán de melloralo, ou polo menos de dicir o que lle parece, xente que se move por algo e que o quere contar.

Un fala de paxaros, outro de prantas, aquel de bailes e cancións, algún se mete en política e outro máis pon recetas da avoa para compartilas con todos. Son un punto de encontro, de compartir opinións e coñecementos. De apoiarnos uns nos outros, e tamén hai hoco para as discrepancias, porque non sempre estamos dacordo, afortunadamente.

Si, é a liberdade de internet, no seu mellor uso.

Benvido http://terradoslapatiancos.blogspot.com/

1 comentario:

  1. Aínda que con un pouco de retraso, non quero deixar de agradecerche esta fermosa benvida ao mundo dos blogs que me adicas no teu. É toda unha honra para unha principiante coma min, ter un oco nun dos blogs con máis recoñecemento da comarca.
    Non me queda máis que desexar longa vida (paciencia e ganas de escribir) aos nosos blogs.
    Saúdos.

    ResponderEliminar