domingo, 24 de enero de 2010

As nosas vacas


Un destes días pasados fixen anos, e alguén que me debe conocer bastante ben regaloume un libro, que sempre son un bo detalle, pero neste caso máis: leva por título No País das Vacas, e son case 200 páxinas nas que predominan as fotografías de Xurxo Lobato que se acompañan de textos de moita xente, nos que cada un deles conta as súas vivencias e recordos coas vacas.


É un libro bonito de ver, as fotos reflexan a realidade gandeira do país, desde o máis tradicional a punto de desaparecer se ninguén se empeña no contrario, ata as explotacións máis modernas, que tampouco teñen o futuro garantizado, eu teño a sorte de coñecer algunhas das persoas, e posiblemente algunhas das vacas que nelas saen retratadas. Nos textos pódese ver o que cambiamos nuna soa xeración, o diferente que foi a infancia dos meus pais e a miña, e vese cánto dese cambio lle debemos ás vacas.


Agora que corren tempos moi difíciles para aqueles valentes que seguiron apostando por elas deberíamos ter unha conciencia colectiva de gandeiros que todos os galegos fomos algún tempo para seguir apoiando ese sector tan importante en Galicia, que tantos postos de traballo crea no campo, fixando así poboación no rural, que é moi necesaria, e onde as vacas son unha parte fundamental da conservación do medio.


E que digan o que queiran, que Galicia ten moitas cousas bonitas e moi importantes, pero o día que nos falten as vacas xa non seremos quen somos.
P.D. quen me iba decir a min que chegaría a facer críticas de libros... Pero pode que o faga máis veces, que hai libros moi interesantes que tocan temas do tipo do que aquí se trata habitualmente e que son merecedores de ter unha maior divulgación.

2 comentarios:

  1. A verdade e que as vacas e Galicia e un todo único. Non se comprende unha cousa sen a outra. A pesares de estar en épocas dificiles esperemos que ésto non se rompa.
    De todas maneiras a evolución do rural é complicada e daría para falar moito. De primeiras dicir que tanta subvencion non é a solución. Habería que buscar outras inicciativas e propostas. Dar diñeiro pra que a xente compre mellores tractores e coches bós... e logo marchen pra cidade... que pasará cando os velliños non estén e a maior parte dos xóvenes teñana que adicarse másis a esas labores?
    En fin, tema complicado. Polo pronto sigamos disfrutando do noso rural tan caracteristico no que as vaquiñas sonche ben representativas. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Javi polo teu comentario.
    As subvencións non son a solución, polo menos no sistemas que tuvemos ata agora, penso que deberían de ir cambiando hacia pagos por servicios prestados en termos paisaxísticos, medioambientais, sociais, etc... Isto non o invento eu, hai expertos no tema que apuntan por aí.
    Eu tamén me pregunto que pasará cando falten eses velliños, pero tamén é certo que xa vin casos de novos que renegaban do campo e visto como se puxeron as cousas en todo xa non o ven tan mal, pois polo menos xa teñen unha parte do camiño andada.
    É como en todo: fai falta xente con formación, con iniciativas e con ganas de traballar duro e saír para diante, porque se buscamos hai moitos que lles foi ben.
    Un saúdo

    ResponderEliminar