sábado, 23 de agosto de 2008

¿Quen dixo medo?

Pois aquí podedes ver a unha familia numerosa. Dis que antes os porcos bravos non eran fáciles de ver, en cambio agora non son raros.

A min gústame velos, fágolles fotos e grabo videos, e con algúns chego a facer "amistade" pois hasta se deixan tocar coa confianza e o tempo, tamén e certo que algunha vez xa levei un susto por culpa dunha porca con crías, e hasta tuven que saltar encima do capó do coche escapando de unha. Nada, batallitas miñas.

Este video foi algo casual, pois vin unha porca desde o coche, o que non contaba era co resto da familia. Nas fotos e máis no video intento editar para que os sitios onde os fago non sexan reconocibles, por precaución, que de todo hai no mundo. De todas maneiras, aínda que fora reconocible, deixo pasar bastante tempo hasta que o publico, de modo que os porquiños deste video, se aínda sobreviven, xa son adultos e mesmo poden ser avós, a saber onde andarán.

1 comentario:

  1. Ohhhhhh Que bonitooooooooooo!!!
    En canto ás porcas con crias, miña nai tamén ten algunha batallita desas jaja que un día que viña cara a casa, atopouse con unha no medio da carretera e víñase a ela jaja, ese día miña nai correu tanto para escapar que ben podería ter batido algún record olímpico.

    ResponderEliminar