Aínda que sempre ando a falar da Capelada no meu ADN tamén hai xenes dos Casás, supoño que se poderá decir que son medio tabao, e hoxe, como a ocasión o merece vou falar desta parroquia de Cerdido.
A máquina en plena faena
Este pasado domingo foi a Festa da Malla. Gracias a un grupo de veciños do lugar fixéronse coa maquinaria que se usaba a principios do século XX para facer as mallas (isto é separar o gran do cereal da palla), e tras un bo traballo de reparación e restauración quedarón como novas (senón mellor). Xa que estaban en plan de traballar tiñan que demostralo, e vaia se o fixeron.
Meu tío Pepe facendo no palleiro
Pasaba algo das once da mañá cando se encendeu o motor e comenzou a festa, no meu parecer foi todo un éxito, o campo da festa estaba cheo de colaboradores e curiosos. Atrévome a decir que había máis xente que os días do patrón cando ven unha orquesta que costa uns cantos miles de euros, e tamén o pasaron bastante mellor, xa que a mañá deu para moitas conversas e bromas entre veciños e vellos coñecidos que de non ser por estas cousas so se verían nos enterros. Para que fora festa completa non podían faltar o baile e o xantar, e das dúas cousas houbo.
Non sei cantos quilos de grao se sacarían, pero non creo que lle importe a naide.
De hoxe nun ano.
Hola juanma: Alégrame ver que ainda quedan tradicions deste tipo, porque penso que estas festas (en certa medida homenaxes a aqueles que non hai moitos anos, traballaban de sol a sol nestas "artes")son as que manteñen vivos os pobos e pequenos lugares, e ainda que sexa so uns dias ó ano, enchense de veciños orgullosos do lugar no que lles tocou vivir.
ResponderEliminarHola Juanma, ya he vuelto de vacaciones así que pronto empezaré a subir algo. Hoy navegando por "mis favoritos" entre en tú página y quiero felicitarte por la labor de divulgación que haces de tu tierra.
ResponderEliminarUn saludo y hasta pronto
José-Mª Suárez