Esa viaxe pendente, ese sitio ao que nunca chega chega o momento de ir…¿quen non o ten? Nova
Zelanda e as illas do norte siguen estando na miña lista lista particular, pero
de primeiros están lugares cercanos, na xeografía e no sentimento. Porque eses
sitios dos que escoitas falar cando eres
un neno, que non ten moi claras as dimensións do mundo, quedan na cabeza como algo lonxano, mesmo
fantástico. Pasan os anos, medras, e pensas que deberías de ir conocelos por ti
mesmo, ao tempo que aparece o medo, medo
a estropear esa ensoñación que hai na túa cabeza ao enfrentala coa realidade ¿e
se non era para tanto? E hai que decidir, quedar co lugar creado no teu maxín
escoitando aventuras de pais que foron nenos que iban ao lindeiro, ou poñer os pés nel e revivilas
in situ. A decisión está tomada, hai tempo, quero conocelos todos.
![]() |
A gabeira desde dentro da cabana |
Pola parte materna teño A Fraga
dos Casás, aquela despensa da parroquia nos anos difíciles, pero falaremos dela
noutra ocasión. Pola parte de meu pai os cantís da Capelada, que hoxe parecen
abandonados, pero que sempre tuveron moita actividade e rebulir de xente. En todos estes anos nunca baixara por eles, vexoos desde arriba case a diario,
e alguna vez teño estado aos seus pés en barco, pero andando por eles
nunca. Ata hai uns días, algo
imprevista, apareceu a ocasión e aproveiteina.
O Baiogal , unha parte dos cantís,
de Teixidelo hacia o mar, entre a Garita de Herbeira e San Andrés de Teixido,
son fincas particulares que foron aproveitadas de sempre para a gandeiría.
Actividade que aínda se conserva, e fun acompañando a un dos donos destes
terreos a baixar dúas bestas para que pazan alí ata o seguinte inverno. O
camiño, sendo peado, é azoso, pois aproveitamos en prácticamente todo o
recorrido a pista que se fixo para sacar a terra o restos do Bonnie Carrier,
un barco cementeiro que embarrancou nese tramo de costa no 1986 cando xa iba
camiño do desguace.
![]() |
Restos do barco |
Polo camiño foronme recordando os nomes dos sitios que
tantas veces escoitara na casa, A Cortiña dos Remos, Salto de Gato, Supichel, o Fungadoiro
e moitos máis que merecen unha atención aparte, con esa microtoponimia, que se está
perder pola despoboación e polo cambio dos usos, pasa algo destacable porque
moitos destes sitios teñen dous nomes: o que lle dan os veciños do lugar, e o
que lle da a xente do mar, percebeiros e mariñeiros en xeral que van
sustituindo aos dos primeiros simplemente porque cada vez quedan menos veciños,
e menos aínda que estean en condicións de baixar ata alí. Ambas denominacións
son dignas de ser recollidas e reseñadas, pois moitas veces desvelan partes da
nosa historia.
É ben sabido que estes cantís
esconden moitas sorpresas, de fauna e flora xa imos falando de vez en cando, e
tamén se conoce a riqueza xeolóxica da zona, mais algo que pouca xente sabe é
que nestes cantís houbo explotacións mineiras, desde antigo e ata hai ben
pouco. Gracias a estas actividades mineiras hai citados minerais que foron
atopados e descritos aquí por primeira vez: Morenosita e Zaratita, minerais de
níquel, que foron descubertos por Antonio Casares a mediados do século XIX no
que nas reseñas chaman Mina Manolita, en Teixidelo. Sobre estas actividades mineiras
pouca información se pode obter de internet, é de suponer que existen desde moi
antigo, como noutros puntos da nosa costa, e da época máis recenté aínda podemos
recurrir á memoria dos vecinos de máis idade, así sabemos que a mediados do
século XX estaba activa, sendo o encargado das actividades mineiras Eliseo Rama
Cotelo, que veu da zona de Carballo para ocupar dito posto, e afincouse aquí, habendo
hoxe descendencia súa na zona. A extracción consistía en ir cavando nas paredes
dos cantís en varios puntos de modo que se iban facendo túneles, o mineral
obtido era ensacado e sacado ao lombo cantís arriba hacia Teixidelo, onde é de suponer
que o cargarían en carros, e de alí o punto máis cercano onde podía cargarse
nun camión era na Veciñeira. Hoxe está todo oculto baixo os esborrallamentos de
pedras, que taparon as entradas dos túneles, so poden verse unas paredes,
restos dunha cabana de pedra feita nesa época polos traballadores, entre os que
estaba Miguel, pai e avó de vecinos da zona que levan o apelativo de “de Miguel”.
Como decíamos, a mediados do século XX deixou de funcionar, e empezaron a
traballar outras minas máis arriba, cerca da Garita de Herbeira, das que ainda
hoxe se poden ver restos claramente, pero das que falaremos outro día.
![]() |
Bestas pacendo ao pé da cabana |
Sempre o dixen, os cantís da
Capelada son impresionantes desde arriba, pero desde abaixo moito máis,
recorrelos é una experiencia única. Non invito á xente en xeral a facelo porque
considero que non é un sitio libre de perigo, de feito eu, que son da zona e
medio aventureiro, nunca quixen ir sen alguén que me guiase e conocese ben o
sitio. Por iso tardei tanto tempo en ir, pero dunha cousa estou seguro:
volverei.
Que bonito! Gustoume moito!
ResponderEliminarCando voltes avisa!
O que se ve na última foto é unha das cousas que mais me fascina da baixada, non podo evitar para e botar de cando en vez a vista atrás para mirar hacia alí.
Á subida xa vou tan mallada que non miro tanto jajajaja
A Capelada é tan fermosa! Ufff
Fermosa entrada. Non podía ser doutro xeito tratando o Baiogal. A túa ollada agrandáo.
ResponderEliminarOlé! Se te echaba de menos por este mundillo. Saludos!
ResponderEliminarVaia...xa se me pasaba! Benvido de novo, Juanma, de moito interés os datos que aportas sobre os minerais a extraer, sempre pensei que serían do grupo das calcopiritas pola abundancia que deles atopaba entre as pedras...a microtoponimia é fundamental que se recolla toda, garda moitos segredos do pasado...lembra o Furado do Loberno.
ResponderEliminarUNha aperta e a ver se a prósima non se fai esperar tanto.