![]() |
Socorro Vello, en Meizoso |
Xa temos aí o día da festa do Socorro, que como xa teño comentado aquí algunha vez, últimamente se ven celebrando o primeiro domingo do mes de xuño, aínda que o día verdadeiro sexa o 27 do mesmo mes. A capilla xa se vía detrás da tía Andrea na foto que foi portada deste blog por máis dun mes (de novo disculpas). Pero nunca vos contei a historia das capillas (nunca oín a ningún veciño decir capela, e o termo “ermida” úsase na toponimia do lugar pero non para referirse á construcción directamente, curiosidades).En Meizoso temos unha , a do Socorro Vello, e en Viduido hai outra, a do Socorro Novo, que por certo, nos mapas soen vir ao revés. Pero ¿por que hai dúas tan próximas e baixo a mesma advocación?
A de Meizoso foi fundada o 26 de xuño de 1690 como “Capilla de Nuestra Señora del Socorro y San Antonio de Padua”, sendo o seu primeiro capelán Pedro Fernández de Lago, pero o edificio orixinal xa non existe, o actual é máis moderno, disque do século XVIII. Foi sempre de titularidade privada, e isto é un detalle moi importante para entender a historia de por que hai dúas tan próximas, e pasamos a contalo: A principios do século XX houbo diferencias entre o propietario da capilla e o cura que viña misar a ela, que, igual que hoxe, era o de San Andrés. As diferencias viñeron dadas pola xestion das limosnas que se depositaban na boeta, querendo o cura ter el a chave para poder dispoñer delas, ao que o propietario se negou. Como consecuencia do desacordo deixou de celebrarse culto en Meizoso pese á insistencia dos veciños ante as autoridades eclesiásticas. Estuvo pechada durante uns 50 anos, pois non foi ata 1960 (ano máis ou menos) cando se volveu oficiar misa nela.
A solución á que se chegou foi facer outra capilla no Viduído, un par de quilómetros antes de Meizoso na ruta do camiño de San Andrés. Os veciños doaron o terreo e fixeron unha nova, que remataron en 1913, e esta si, de titularidade eclesiástica.
A primeira festa que se fixo en Meizoso despois de ser aberta ao culto de novo foi aló a mediados dos 60, daquel día son as fotos en branco e negro que ilustran estas letras. Foran da comisión Pepe de Vicente e meu pai, Andrés, que daquela rondarían os quince anos, e disque quedaron empeñados en vinte pesos cada un. Trouxeran de músicos a Lira, de Ortigueira. Tempo adiante, ao ter dúas capillas tan próximas coa mesma celebración houbo que buscar unha solución para o día da festa, e esta foi celebralas alternamente un ano en Meizoso e outro en Viduído. Este ano, se non me equivoco, toca en Meizoso.
![]() |
Procesión de 1965 (ano máis ou menos) |
Xa tiñan este sistema cando a festa das fotos en cor, son do 1 e 2 de xuño de 1985, eran da comisión Antonio, e outra vez meu pai. Desta volta gastaron na festa, según pon na libreta que teño aquí nas mans, 180.300 pesetas. Trouxeran a orquesta Nova Lira de Villalba, o grupo folclórico Angarias e o grupo que daquela formaban Lino, os do Triqui e supoño que algún compañeiro máis (aceptanse aportacións de datos). Nota posterior: Xa houbo aportación de datos: o grupo era Debadoira, integrado Por Lino Bellón, Xavier Carro, Tiano Labraña, Santi e Roberto do Triqui e ás veces acompañabaos tamén o seu pai. Gracias Pilar pola aportación.
![]() |
O ramo, que fora subastado en 6200 pesetas. |
![]() |
Meu tío Pedro de fogueteiro atrás dos gaiteiros |
Pero aínda hai máis celebracións do Socorro en Cedeira, pois o 27 de Xuño de 2006, Manuel Sánchez Monge, Obispo de Mondoñedo-Ferrol firma o Decreto polo que se declara (cito textualmente) “Patrona del Cuerpo de la Policía Local de la Villa de Cedeira (A Coruña) a la Bienaventurada Virgen María bajo la advocación de Nuestra señora del Perpetuo Socorro”, e desde aquela a Policía Local de Cedeira celebra a súa patrona o 27 de Xuño.
![]() | |
Procesión no Viduído, haberá uns 10 anos |
![]() |
Churrascada baixo os castiñeiros , Viduído. |
Efectivamente este ano toca en Meizoso, a pesar de que o cura, deus saberá por qué, puxo moito empeño en querer celebrala no Viduido.
ResponderEliminarHoubo que facerlle fronte e finalmente celebrase a misa onde corresponde.
Como ven comenta Juanma viñase celebrando dende fai anos o primeiro domingo de xuño. Este ano non. O cura empeñouse en que fose o sábado 4 de xuño e así será.
Recordo vagamente outros tempos: sacábase á procesión o ramo de roscóns, soaba a música das gaitas, e había numerosas merendas acampadas nos prados dos arredores...
Coido que é unha pena que se perda a tradición.
A tradición que parece que non se perde é a de "discrepancias" cura-veciños, e así levamos cen anos, jejeje
ResponderEliminarA ver se podo ir por ahí e aproveito a ver a capela por dentro :)
ResponderEliminar